Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de junio de 2010

O Rexurdimento

Co visionado destas diapositivas, tendes que resolver as cuestión embaixo formuladas.


Cuestións
:
  1. En que século estamos?
  2. Cal era a lingua máis falada?
  3. Quen falaba o galego?
  4. E quen o castelán?
  5. Cal aumentou o seu prestixio? Por que?
  6. Que é o Rexurdimento?
  7. Que é o Provincialismo?
  8. Quen é Xoán Manuel Pintos?
  9. Explica que é o Rexionalismo
  10. En que ano comeza o Rexurdimento pleno? Por que nese ano?
  11. Cita os tres autores principais do Rexurdimento
  12. Que ocorreu no 1880? Cita catro acontecementos. Busca na Galipedia, se cómpre.
  13. Cal foi o xénero preferido nesta época?
  14. Houbo publicacións non literarias moi importantes, de que tipo de publicacións falamos?
  15. Que reivindicaban os intelectuais do Rexurdimento? Explícao coas túas palabras.
  16. Busca máis información sobre "O Banquete de Conxo". De novo, recoméndovos a Galipedia.
  17. Por último, entra nestas ligazóns e copia un poema de Rosalía, o que máis che guste:

martes, 9 de marzo de 2010

Máis sobre o substantivo no galego

Nesta listaxe podedes practicar do xeito que segue: ides dicindo en alto, ou para vós, o feminino, o pulral, etc. como vos vaian mandando. Para corrixirvos, premedes sobre a palabra.
Tomade nota dos que non saibades, xa que de aquí sairá o exame...

Substantivo no galego: ¡a practicar!

Facede estes exercicios sobre o substantivo no galego:

Poñerlles o artigo a cada unha destas palabras (xénero)

Indicar o nome da árbore que produce os seguintes froitos (xénero)

Indicar o feminino de

Explicar as diferenzas entre os seguintes pares de palabras (xénero)

Poñer as seguintes palabras en plural

Poñer en plural as seguintes frases