Mostrando entradas con la etiqueta Avisos e notas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Avisos e notas. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de octubre de 2010

Arrancamos!


Un ano máis, xuntos no noso blog. Ánimo neste novo curso, espero que esteades máis centrados ca o pasado.

Estudade moito!

jueves, 26 de agosto de 2010

Exames de setembro

Prezados alumnos e alumnas:

Espero que esteades aproveitando a tope as vacacións.

Só quería recordarvos a aquelas persoas que tendes algunha materia para setembro, que os exames son a semana que vén, os días 1, 2 e 3 de setembro, non vos despistedes! Lembrade tamén as pendentes de cursos anteriores.

Estudade moito e sacádeas, para pasar "limpos" a cuarto. Despois dos exames aínda vos quedan uns días de vacacións, así que agora a darlle duro aos libros. Ánimo!

martes, 15 de diciembre de 2009

Mañá, mércores 16 de decembro, non haberá clase en Galicia

Pégovos o aviso da Consellería de Educación:
As clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de precaución polo mal tempo
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro.
Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.
A Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.
Aproveitade o día para rematar o libro de cine, que tiñades que terme entregado o pasado luns... Quero velo antes da avaliación.
Vémonos xoves!

miércoles, 28 de octubre de 2009

Feliz Samaín a todas e todos!

O vindeiro sábado é a nosa festa do Samaín, que temos que celebrar como cómpre!

Xa sabedes que a noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta, e esta festa, xustamente na noite de transición do outono para o inverno, é en honor aos nosos defuntos, que procuramos sentir ben preto ao visitalos, polo día, no cemiterio. Tamén preparamos apetitosos manxares para convocalos así nas nosas msas, para que volvan, por unha noite, sentar con nós a carón do lume da lareira. Pero se cadra eles prefiren a noite...

Pero a do 31 de outubro é tamén unha noite de moito perigo, xa que as portas do outro mundo se abren e as ánimas son quen de vir visitarnos. Tende coidadiño...

E para que os calacús, as cabazas, ás portas das casas? Para afastar da vila ás ánimas defuntas, errantes...

Para saber máis:
Samhain Ritual
Samain na Wikipedia

Recoméndovos:
Ver La novia cadáver



Lectura. 97 formas de decir te quiero


En la clase de hoy comenzamos esta novela. Leímos hasta la página 22, incluida.

Mis queridos alumnos enfermitos: tenéis que leer hasta este punto y hacer un resumen de cuatro o cinco líneas en la libreta, para mostrarme.

lunes, 26 de octubre de 2009

¿Cómo cubrir las fichas de cine?


Para obtener la información necesaria para vuestra historia del cine, os recomiendo utilizar los enlaces fijos sobre cine que tenéis a la derecha de este texto. Para cualquier duda, aquí estoy.

lunes, 5 de octubre de 2009

¡Arrancamos!


E aquí está o noso blog de aula, o noso recuncho no ciber espazo para traballar e pasalo un chisco mellor. Nace co nome que vós quixestes, retocado para darlle un aire más académico:

Aula piruleta.

As cores e demais accesorios poden ser cambiados en función do que propoñades.

Lembrade que un blog se alimenta dos vosos comentarios. Así que xa sabedes, ¡o blog é voso!