miércoles, 28 de octubre de 2009

Feliz Samaín a todas e todos!

O vindeiro sábado é a nosa festa do Samaín, que temos que celebrar como cómpre!

Xa sabedes que a noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta, e esta festa, xustamente na noite de transición do outono para o inverno, é en honor aos nosos defuntos, que procuramos sentir ben preto ao visitalos, polo día, no cemiterio. Tamén preparamos apetitosos manxares para convocalos así nas nosas msas, para que volvan, por unha noite, sentar con nós a carón do lume da lareira. Pero se cadra eles prefiren a noite...

Pero a do 31 de outubro é tamén unha noite de moito perigo, xa que as portas do outro mundo se abren e as ánimas son quen de vir visitarnos. Tende coidadiño...

E para que os calacús, as cabazas, ás portas das casas? Para afastar da vila ás ánimas defuntas, errantes...

Para saber máis:
Samhain Ritual
Samain na Wikipedia

Recoméndovos:
Ver La novia cadáver



No hay comentarios:

Publicar un comentario