Mostrando entradas con la etiqueta Titoría. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Titoría. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de junio de 2011

Fin de curso, isto remata!

fin clases

O curso remata, e despois de dous anos xuntos mañá teremos a nosa última clase.
Gustaríame que nos vosos blogs escribísedes unha entrada a xeito de despedida, na que incluísedes, como mínimo, os seguintes apartados:

Nestes dous anos aprendín... (mínimo tres liñas)

Nestes dous anos conseguín... (mínimo tres liñas)

Destes dous anos sempre recordarei... (mínimo tres liñas)

Podes engadir todo o que queiras.


inverno grupo

lunes, 1 de marzo de 2010

Normas de aula

A todos nos axudarían unhas normas que nos guíen na convivencia na aula, xa que botamos moitas horas xuntos.
Propóñovos elaborar un decálogo, para o que cada un de vós aportaredes unha norma de convivencia, a que vos pareza máis importante para que as clases sexan máis agradebles, para repectar aos demais e que eles vos respecten, para traballar máis e concentrarvos mellor na aula, e que os profesores non perdamos a paciencia, e a cabeza...