miércoles, 10 de noviembre de 2010

Nova entrada nos vosos blogues de aula: texto expositivo


Tendes que escribir o voso primeiro texto expositivo.
Accedede ás vosas bitácoras e creade unha nova entrada. Nela, poñede como título o tema escolleito para a vosa exposición oral por parellas. Poñede como etiqueta "Textos expositivos".
No corpo da entrada, facede unha explicación clariña do tema, en galego, sen faltas e dunhas 5 ou 8 liñas.
Cando a teñades redactada, repasade. Poñédelle unha imaxe pequeniña e publicade.
Despois entrade nos blogues dos compañeiros e facede comentarios interesantes nos seus textos expositivos.

Podedes consultar este exemplo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario